sábado, 8 de decembro de 2012

Lóbez de Antonio Yáñez Casal

Unha parella de lobos tende catro a cinco crías, pero Lóbez naceu fillo único. Toda a manda fixo comentarios, pero el recibiu todos os coidados e fíxose un lobo forte. Cando chegou o momento de pasar da nenez a adulto, co seu primeiro ouveo, Lóbez non foi capaz de ouvear. Despois de comprobar que non tiña ningún defecto, decidiron que a causa era a súa alimentación e puxérono a dieta. Logo de varias semanas, cando xa case non lle quedaban forzas, voltou intentar ouvear pero tampouco lle saíu. Os seus pais como eran os xefes da manda fixeron unha xuntanza, e decidiron envialo a xunta do Gran Consello, xa que un lobo que non sabe ouvear non pode liderar unha manda. Antes de marchar Lóbez alimentouse ben xa que tiña que atravesar territorios doutros lobos, e só o podía facer se non cazaba neles nin os marcaba cos seus ouriños. Ademais tiña que ir a paso lixeiro e coa testa baixa en sinal de submisión. Polo camiño atopouse cuns leiróns que lle aseguraron que ía haber unha batida, pero non os creu. Mais tarde topou cuns lobos que lle fixeron burla e logo cunha porca brava que o usou para darlle clases a os fillos. Cando estaba a chegar atopouse con outro lobo que tamén ía a o Gran Consello porque non comía carne crúa, e que parecía tar medio tolo. Os membros do Gran Consello despois de revisalo e comprobar que non sabía ouvear, decidiron rebaixalo a o membro de menos categoría da manda e que non podía formar familia ata que non topase unha solución. Desanimado voltou para o seu territorio, pero estaba moi canso e quedou adormilado nun recanto. Espertárono os lobos que se meteran antes con el e ameazárono. Marcharon ouveando e a o pouco soaron disparos, quixo tratar de axudalos pero como non sabía ouvear botou a correr, pero só puido comprobar que os mataran a todos incluídos os anciáns do Consello.A el non o perseguiran e iso que percorrera toda a serra e se cruzara cos inimigos. Entón decatouse de que eran os ouveos os que facían que os cazadores deran con eles. Por iso agora os lobos desta zona non ouvean, e Lóbez é o xefe da manda. Opinión persoal: Gustoume este libro, porque ensina que o que ás veces parece un defecto pode ser unha virtude. Diego Moreira (1º ESO)

Ningún comentario:

Publicar un comentario